Librerías Labrys

Tu carrito está vacío

A casa da luz

A casa da luz

Xabier P. Docampo

Precio: S/ 49.99

S/ 84.00

1

Descripción

Alicia é unha rapaza trastísima e, ao parecer, todo lle vén do seu ingobernable desexo de saber, de coñecer e de experimentar. Cando Alicia e os seus amigos inseparables, Álvaro, Aida, Alba e Anxo se afanaban en construír unha cabana interminable onde planificar os seus xogos, apareceu Pumariño, un vello que andaba sempre a picar nas paredes da casa de Eiravella. Alicia e a súa panda descubrirán que trala mudez do reverencioso Pumariño, arrástrase unha tristísima ferida familiar que vén dos tempos da guerra. O desexo de coñecer que impulsa Alicia levará a panda a amigarse con aquel toliño que vivía nunha casoupa das aforas, onde gardaba tesouros extraordinarios: saquetiñas de tea que ocultaban xoais, aneis e brincos, moedas de ouro, reloxos de petoà Pero os maiores segredos que Pumariño desvelará á panda serán os seus debuxos, paisaxes marabillosas que ninguén en Eiravella sería quen de imitar e, sobre todo, a entrada á casa da luz, onde se aliñaban unha morea de cadros. Naquela casa da luz, Alicia e os seus amigos poderán entrar nos propios cadros e vivir as aventuras que algún día, Duarte o pintor que descoñecen, imaxinou e non foi quen sequera de pintar. Unha viaxe fantástica que permitirá aos rapaces percorrer o labirinto da torre e coñecer aos homes que perderon as ás. Viaxar dentro de cadros que falan do futuro que nos agarda, un futuro que só se pode albiscar do outro lado dos cadros. A casa da luz, de Xabier. P. Docampo, recolle a aventura dunha panda de rapaces e rapazas que entran en contacto co mundo da arte e da memoria da guerra dun tempo pasado. Unha aventura que vai acabar por modificar a súa forma de estar no mundo e que constitúe unha reivindicación, tamén, da beleza e da arte. Os cadros que atravesan os protagonistas, obra de grandes pintores como Dalí, Escher ou Palo Ucello, son recreados no libro polo ilustrador Xosé Cobas, empurrando ao lector novo de forma irresistible cara ao mundo da arte.

Sobre el autor

(Información del autor no disponible)

¡Mira lo que dicen nuestros clientes acerca de Labrys!

  • Alexander Diaz

    Alexander Diaz
    Hace 6 meses

    google maps icon

    full starfull starfull starfull starfull star

    Buen servicio y calidad en la atención.

  • Carlos Vega

    Carlos Vega
    Hace 7 meses

    google maps icon

    full starfull starfull starfull starfull star

    Fue mi primera compra en esta librería y fue espectacular, el libro me llegó bien empaquetado y muy muy cuidado sin raspón alguno. Y la atención por WhatsApp fue genial , recomiendo al 100%

  • Jose Becerra

    Jose Becerra
    Hace 9 meses

    google maps icon

    full starfull starfull starfull starfull star

    Estoy agradecido por el buen servicio y puntualidad de Librerías Labrys. El libro original y en perfectas condiciones, recomendable 100%

  • Andres “Ndrangheta”

    Andres “Ndrangheta...
    Hace 10 meses

    google maps icon

    full starfull starfull starfull starfull star

    Excelente servicio y atención, hice mi pedido, realicé el pago y al día siguiente recibí mis libros, muy satisfecho con la compra, volveré a comprar más libros

  • Guillermo

    Guillermo
    Hace un año

    google maps icon

    full starfull starfull starfull starfull star

    Una librería con un servicio excelente. Hice la compra de un libro y me lo entregaron en menos de 2 horas. El servicio fue rápido y muy atento. ¡Totalmente recomendado!