Librerías Labrys

Tu carrito está vacío

Materia prima

Precio: S/ 113.99

S/ 190.00

1

Descripción

Materia prima é un mapa, unha cartografía que orienta ao lector a través da narrativa galega contemporánea. Este é o seu estado actual, unha importante aproximación antologada e prologada polos críticos literarios Ramón Nicolás e Armando Requeixo. Son, todos, relatos inéditos de autores e autoras de recoñecido prestixio, dezasete relatos escritos especialmente para a ocasión, boa materia prima transformada en ricaz expresión dun tesouro creativo do noso presente e do porvir literario máis inmediato. Unha antoloxía da narrativa galega do século XXI que convida soñar e que confirma a vizosidade e vitalidade desta nosa República das Letras. O obxectivo do presente volume é ofrecer aos lectores galegos unha antoloxía epocal da mellor narrativa curta galega daqueles autores que publicaron unha parte substantiva da súa mellor producción xa na pasada década: "O coitelo en novembro " (Marilar Aleixandre), "o día das torres" (Fran Alonso), "O cura de Fruíme" (Anxo Angueira), "Pena dos Anacares" (Xurxo Borrazás), "Tombstone Blues (Xosé Carlos Caneiro), "Confesións dun asasino criminal (Cid Cabido), "Hotel Arriaga" (Bieito Iglesias), "Un cabaleiro de aire soña" (Ramón Loureiro), "Tarxete vermella" (Xosé Miranda), "Os outros" (Miguel-Anxo Murado), "A illa dos lemures (Xavier Queipo), "Báñate comigo (teoría e práctica)" (Luís Rei Núñez), "Idaciano F.C." (Antón Riveiro Coello), "A voda máis bonita do mundo" (Xurxo Souto), "A roupa alí tirada" (Suso de Toro), "Ama de chaves" (Xesús Manuel Valcçarcel) e "Máis alá das raíces" (Luísa Villalta). Cada un dos textos vai precedido por unha ampla ficha bibliográfica de cada un dos autores e autoras. O resultado é un volume singular que reflicte a vitalidade e diversidade amosada pola narrativa galega nos últimos anos: dende a súa orixinalidade e apertura temática, a peculiar e diversa forma de entender a comunicación literaria de cada un deles, ata a influencia do mundo audiovisual, na súa maior parte.

Sobre el autor

(Información del autor no disponible)

¡Mira lo que dicen nuestros clientes acerca de Labrys!

  • Alexander Diaz

    Alexander Diaz
    Hace 6 meses

    google maps icon

    full starfull starfull starfull starfull star

    Buen servicio y calidad en la atención.

  • Carlos Vega

    Carlos Vega
    Hace 7 meses

    google maps icon

    full starfull starfull starfull starfull star

    Fue mi primera compra en esta librería y fue espectacular, el libro me llegó bien empaquetado y muy muy cuidado sin raspón alguno. Y la atención por WhatsApp fue genial , recomiendo al 100%

  • Jose Becerra

    Jose Becerra
    Hace 9 meses

    google maps icon

    full starfull starfull starfull starfull star

    Estoy agradecido por el buen servicio y puntualidad de Librerías Labrys. El libro original y en perfectas condiciones, recomendable 100%

  • Andres “Ndrangheta”

    Andres “Ndrangheta...
    Hace 10 meses

    google maps icon

    full starfull starfull starfull starfull star

    Excelente servicio y atención, hice mi pedido, realicé el pago y al día siguiente recibí mis libros, muy satisfecho con la compra, volveré a comprar más libros

  • Guillermo

    Guillermo
    Hace un año

    google maps icon

    full starfull starfull starfull starfull star

    Una librería con un servicio excelente. Hice la compra de un libro y me lo entregaron en menos de 2 horas. El servicio fue rápido y muy atento. ¡Totalmente recomendado!